domingo, 26 de abril de 2020

TAREFAS 27 ABRIL - 30 ABRIL

Esta semana é un pouco máis cortiña, xa que tedes o venres 1 de maio festivo. Ademais, agora xa podedes saír a dar un pequeno paseo tódolos días. Disfrutade moito pero con precaución. Xa queda menos!!! Ánimo!!!


Pincha na imaxe para descargar os traballos.


ARTS

VIDEO DE STEVE SOBRE A ACTIVIDADE ARTS;


( podedes descarga aquí a ficha de ARTS para a actividade)


jueves, 23 de abril de 2020

FELIZ DÍA DO LIBRO

Sueños de colores

Vino Cenicienta montada en su jeep
y detrás corría su amigo Tintín.
Pinocho leía en un libro azul
y el hada madrina vestía de tul.
La Bella Durmiente, tumbada en la cama,
siempre descansando porque era una vaga.
De pronto llamaron y yo me asusté,
son los tres Cerditos que quieren el té.
El lobo hacía un rico pastel
y Caperucita se quedó a comer.
Ricitos de Oro llama a su mamá
y siete enanitos a la mina van.

ESCRITO POR ESTEFY
(menudospeques.net)

FELIZ DIA, PEQUES!!! PODEDES DESCARGAR E COLOREAR.



miércoles, 22 de abril de 2020

RECORDATORIO

Non esquezades participar coas vosas tarefas en Arts e tamén en Inglés. Deixovos as direccións dos blogs para que vos poñades ao día.



domingo, 19 de abril de 2020

TAREFAS SEMANA DO 20 AO 24 DE ABRIL

Unha semana máis e unha semana menos para vernos outra vez. Deixamos de novo unhas tarefas para esta semana. Xa sabes, le con atención e intenta facelas sen axuda. Si non eres capaz, pide que che voten unha man ou pídenos a nós axuda. Recorda que as tarefas de Naturais e Sociais aínda podes rematalas durante esta semana. Ánimo e a por todas. Sodes uns heroes e unhas heroínas!!

CLICA NA IMAXE PARA DESCARGAR AS TAREFAS


 CLICA NA IMAXE PARA AS TAREFAS




sábado, 18 de abril de 2020

MANUALIDADE DE HUGO

Esta semana, Hugo  Riobó de 3º A fixo esta manualidade en familia e enviounos a foto para que disfrutemos dela. Noraboa, Hugo!! Animádevos a mandar traballos que realicedes no voso tempo libre e  amosarémolos no blog. Super saúdos!!


jueves, 16 de abril de 2020

VIDEO SOBRE PAISAXE E ANIMAIS

                                
 A PAISAXE                                          ANIMAIS ACUÁTICOS E TERRESTRES


     

martes, 14 de abril de 2020

PROPOSTA PARA O DÍA DO LIBRO

Déixovos aquí a proposta que nos fai a bibliioteca do cole para o día 23 de abril, DÍA DO LIBRO.


sábado, 11 de abril de 2020

CCNN, CCSS: DÚAS SEMANAS, DO 14 AO 26 DE ABRIL

Nestas materias tedes un traballo conxunto. Disporedes de dúas semanas para facelo xa que correspondería a un tema de cada materia. O máis importante é facelo de xeito ordeado, sen presa e con claridade. Non é unha tarefa longa nin require excesivo traballo, pero o que vaiades facer, facédeo ben coidando a ortografía e a presentación. Xa sabedes que estamos aquí para calquera dúbida. Saudiños!! (Pica na imaxe para descargar o documento)



Aquí tedes unha imaxe que vos pode axudar a escribir sobre o tipo de paisaxe que elixas. Pica sobre ela para facela máis grande.


TAREFAS PARA ESTA PRIMEIRA SEMANA, DO 14 AO 17 DE ABRIL



Pinchade nas imaxes para descargar as tarefas. Podedes facelas no voso caderno ou si queredes e tedes opción, no ordenador e podedes envialas por correo para correxir. De calquera xeito, enviádenos unha foto ou un correo con elas rematadas para que as revisemos e vos enviemos as correccións de volta.




PRESENTACIÓN

Ola rapaciada! A partires de xa, ímonos comunicar a través deste blog. Colgaremos aquí as nosas tarefas semanais, os videos, as manualidades e todo o que vaiamos planificando para este trimestre. Podedes seguir entrando mediante a páxina do colexio, xa que colgaremos alí unha entrada permanente co enlace ao blog. Imos traballar con moito ánimo este tempo que queda de curso, pouco a pouco, repasando e aprendendo, facendo e xogando, divertíndonos e traballando tamén. Apertas e bicos!!!