IRIA FERNÁNDEZ
NICO CARRACEDO
NOA BOENTE
NOEMÍ TORRES
Van chegando máis traballos sobre os nosos ecosistemas. As profes queremos darvos as GRAZAS a todas e todos vós polas vosas aportacións e, sobre todo, polo voso esforzo. NORABOA!!!
ALEXANDRE RODRÍGUEZ
ENZO
LARA
MARIO FERNÁNDEZ
NOA CABALEIRO
TEA
DAVID
Impresionante o traballo de Carlota. Unha gran maqueta e unha investigación moi ampla sobre unha paraxe tan bonita en Ponteareas como é a senda fluvial do Río Tea. Noraboa polo teu esforzo!!
Daniel Seoane envía un precioso traballo sobre o ecosistema do Río Tea, Noa Cabaleiro investigou sobre a illa de Ons, un precioso lugar nas augas que bañan as nosas costas e Laura Cal quixo enviarnos un súper debuxo dun ecosistema mariño. Moitas grazas polos vosos traballos e esforzo!
Fantásticos!!!! Roi representou unha paraxe montañosa preto dunha zona con auga e Nicolás quere trasladarnos as Illas Cíes.
Iria Farrapeira quedou moi pretiño e fálanos do monte de A Picaraña. A maqueta quedou chulísima .Mario Ledo amósanos un traballo realizado con prantas e flores recollidas no seu barrio, Alemparte, en Areas. Que sorte poder coñecer os ecosistemas que nos rodean!
Shaila envíanos un vídeo do seu traballo. Unha marabilla!! Ezequías envíanos unha maqueta dunha paisaxe acuática!! Que artistas temos en 3º de Primaria.
Breogán fixo unha gran maqueta da Ponte Romana de Ponteareas, Espectacular!!! Tamén Sofía envía fotos do seu traballo sobre as Illas Atlánticas. Moitas grazas polo voso esforzo.
Lucas Rebelo trasládanos ao Parque das Illas Atlánticas, Matías González lévanos ao mar e María Pérez amósanos O Val de Iruelas e o Pantano de Burguillo en Ávila aproveitando que fixo unha viaxe familiar a esas paisaxes tan bonitas.
Son todos fantásticos
ResponderEliminarMoitas grazas Noa!!
Eliminar