miércoles, 10 de junio de 2020

UNHA FOTO DIVERTIDA!

Este ano non é como os demais. Non podemos facer unha festa de fin de curso nin despedirnos como nos gustaría. Pero todo ten arreglo. As profes queremos montar un vídeo de despedida do curso escolar. Por iso vos pedimos que nos enviedes unha foto vosa en actitude divertida, travesa, veraniega ou como vos apeteza para desexarlle aos compañeiros e compañeiras unhas boas vacacións. A data límite para facernos chegar a foto é o xoves, 18 de xuño, para que nos dea tempo a facer a montaxe. Logo enviarémosvos a vídeo para que vexades a tódolos amigos e amigas do cole. A foto podedes enviala ao correo da profe (preferiblemente) ou ao whatsApp. 
Xa estamos desexando ver esas preciosas imaxes!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario